Deseño e desenvolvemento web en Joomla CMS

Joomla Symbol Color

Bonaval desenvolve e deseña a túa web co potente xestor de contidos Joomla CMS.

Deseño e desenvolvemento en Joomla. Joomla é un dos máis potentes xestores de contidos, CMS, e ademais está en constante desenvolvemento. Deseño web de calidade. Unha xestión de contidos completa por parte do usuario. Desenvolvemento en Joomla 1.5, 2.5 e no novo 3.3. Desenvolvemento e implantación de solucións de comercio electrónico con tendas online desenvolvidas en Virtuemart 2 (2.6.2) e integradas totalmente en Joomla. Webs adaptables a calquera dispositivo: pc, tablets ou móbiles. A túa web pode ter un persoal e aparencia tipo app de móbil ou adaptarse segundo a resolución de pantalla con deseño receptivo e adaptivo na Web, deseño web responsivo (Responsive Web Design) Desenvolvemento en constante evolución, adaptanto as últimas tendencias e os últimos desenvolvementos en todo momento. Fácil xestión de galerías de imaxes, implementación de vídeos, xestión de mapas, xeración de contidos, integración con redes sociais como facebook e twitter...

Somos expertos na utilización dos principais e máis potentes frameworks de Joomla como Yootheme, Gantry o T3 de JoomlArt.

Podemos implantar a túa web con HTML5, HyperText Markup Language versión 5, é a quinta revisión importante da linguaxe básica da World Wide Web, HTML. O desenvolvemento desta linguaxe de marcado é regulado polo Consorcio W3C. Aínda se atopa en modo experimental, pero dispón de recomendacións e sistema de validación oficial por parte dos máximos responsables na homologación de estándares en Internet, entre eles a mesma W3C, e o seu crecemento é espectacular debido ao impulso que deron a esta linguaxe as grandes corporacións como Google, Microsoft, Yahoo ou Mac. Tamén poderás aproveitarche das vantaxes a utilización de follas de estilo con CS3, como animacións, transicións, estilo e deseño moderno e actual, efectos sorprendentes...

Personalizamos Joomla con compoñentes e plugins propios

É de destacar que este espazo novo necesita de solucións novas, adaptadas a esta contorna, e que a nosa empresa personalizou diversos frameworks, e desenvolvido diversos compoñentes e plugins propios, para turismo e comercio electrónico e outros que permiten implantar solucións particulares aos nosos clientes, con validación W3C.

Posibilidades Infinitas

O soño deconstruir un sitio webque podaseditar facilmente e en calquera momento sen ter que esperar, sen horarios de atención ao cliente, sen ter que intermediar con ninguén. Joomla é unha solución fácil e rápida de despregar.

Joomla proporciona as ferramentas para construír páxinas de empresa, directorios, intranets, redes sociais, tendas virtuais e moito máis...

Máis ca una simple web

Transforma a túa páxina web nunha extensión do teu negocio, tenda virtual, aplicacións, xestión de eventos, comunidade...

  • Pon a venta os teus produtos nunha tienda virtual mediante o compoñente Virtuemart, o compoñente para xestión de tendas virtuais en Joomla máis extendido e en constante evolución. Con Virtuemart podes xestionar todo o proceso de compra: xestión de produtos, xestión de stock, precios, dispoñibilidade, xestión de pedidos, xestión de clientes, cupóns de desconto, xestión de envío, formas de pago, relacións de produtos, campos personalizados, facturas... En Bonaval podemos personaliza-la apariencia da túa tenda virtual xerando unha plantilla específica para a tenda Virtuemart. Integrar la tenda virtual cun xestor de contidos coma Joomla permiteche xestionar tódolos teus contidos, o teu blog e a propia tenda utilizando unha única ferramente online. E o mellor é que detrás destas ferramentas está o respaldo de varias comunidades traballando na seguridade, mellora e reparación de erros, tanto en Joomla coma en Virtuemart.
  • Crea e xestióna aplicacións dende o xestor de contidos de Joomla mediante Zoo, un xenerador de aplicacións de contidos desenvolto por Yootheme. A característica clave é a capacidade de crea-los teus propios tipos de contido personalizados, Zoo permite estructuralos e mostralos coas vistas que desexes. Algúns exemplos de aplicacións de Zoo: Blogs, catálogo de produtos, recetas, base de datos de cine, directorios de negocios, contactos personais, xestión de descargas, documentación...

Consúltanos, estamos localizados na cidade de Vigo, Galicia, pero atenderemo-las túas solicitudes alá onde andes.

Bonaval Multimedia
Bonaval Multimedia S.L.

Elduayen 16 Entresuelo B, Vigo 36202 (Pontevedra, Galicia, España)
Diseño y desarrollo:  Bonaval Multimedia SL   Copyright ©