Turismo: Portais, CRS, ERP

AirplaneEspecialistas no deseño e desenvolvemento de portais web modulares para o sector do turismo.

Á hora de elaborar as nosas propostas de portais de turismo seguimos as boas prácticas, e conciliamos no deseño das bases de datos as normas de usabilidade con todo o rigor das ontoloxías e taxonomías internacionais. As nosas claves son:

iconos guia turistica

  • Mostramos a totalidade da oferta turística de forma conxunta e xeoreferenciada (recoñecido como boa práctica). E facémolo a través da integración da api de Google maps cos recursos turísticos xeolocalizados mediante o marcado enformas recoñecidaspolos provedores deprocura principais (Google, Yahoo, Bing...) baixo as directrices do estandar de Schema.org. Melloramos o posicionamento natural e o SEO con técnicas de web semántica.
  • Incorporamos nos títulos do menú e na estrutura visible das bases de datos as palabras crave (keywords), pensando en que a web é multidioma, e cunha taxonomía clara e intuitiva, orientando a estrutura ao posicionamento natural.
  • Respectamos as normas de accesibilidade máis esixentes WAI 2 y os estándares do W3C e facémolos compatibles coa totalidade de navegadores (Explorer, Firefox, Google Chrome, Safari, Opera) Ademais mediante as máis modernas técnicas de linguaxe de marcado e follas de estilo en fervenza (HTML e CCS) podemos dispor de interfaces diferentes para mobilidade, como ipads, tabletas e distintos Smartphone. Implantamos solucións en HTML5 e CSS3.
  • Ofrecemos diferentes sistemas avanzados de medias, módulos de realidade aumentada, de videostreamer, e dispomos de diversas técnicas e módulos de xestión de contidos deseñados por nós para Joomla 2.5 para hoteis, restaurantes, recursos turísticos, vídeos e galerías de imaxes.
  • Clasificamos os recursos turísticos de acordo ás recomendacións xerais de clasificación considerados como boas prácticas diversas normas e recomendacións internacionais xeradas a partir da ISO 18513:2003 e propostas de web semántica, con criterios de armonización e homologación internacional desenvolvidos a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.
  • Os portais son moi adaptables ás necesidades e dan a posibilidade de personalizar a web e xerar contidos diferentes en cada idioma en atención aos distintos perfís e orixe dos turistas.
  • Deseñamos estratexias de promoción turística. Achegamos o asesoramento e a consultoría baseado en anos de experiencia no desenvolvemento de sistemas, plataformas, webs e aplicacións para o sector turístico.

 

 

Bonaval Multimedia
Bonaval Multimedia S.L.

Elduayen 16 Entresuelo B, Vigo 36202 (Pontevedra, Galicia, España)
Diseño y desarrollo:  Bonaval Multimedia SL   Copyright ©