Media: DVD y NETTV

solutions media

A nosa vinculación co mundo dos medias é a nosa orixe de empresa. Fomos pioneiros no uso do vídeo mpeg fai dez anos para CD, e máis tarde coordinamos a primeira produción de DVD en AC3 e dolby dixital da península. Temos na actualidade máis de 30 referencias de DVD en soporte multidioma, con idiomas como chinés ou xaponés. Este forte lazo co mundo do vídeo, levounos a realizar determinado proxectos de ID relacionados con este soporte, e moi particularmente cos sistemas de streamer de vídeo a partir de soft libre.

Na actualidade temos un sistema de streamer de imaxes no mercado para o estudo cualitativos das audiencias de televisión e propiciamos diversos proxectos de IPTV a partir de RED 5, java e Flex. A nosa optimización dos procesos de compresión e o uso de protocolos lixeiros permítennos ofrecer solucións de Net TV de baixo custo e alta eficiencia técnica. As nosas solucións permiten vídeo con resolucións equivalentes á dun DVD e a pantalla completa cunha simple liña de medio mega, e sen a necesidade de instalación de plugins. Por outra banda, a nosa experiencia no campo de produción e a consultoría convértennos nun bo aliado para a colaboración e implantación de calquera tipo de solución que vincule ao vídeo con Internet.

Bonaval Multimedia
Bonaval Multimedia S.L.

Elduayen 16 Entresuelo B, Vigo 36202 (Pontevedra, Galicia, España)
Diseño y desarrollo:  Bonaval Multimedia SL   Copyright ©